miércoles, 29 de mayo de 2019

EXPERTOS EN COMPOSTAXE

A semana pasada recibimos na clase a visita de dous expertos en Compostaxe para explicarnos todo o proceso . Foi una charla moi interesante. No cole estamos xa a gardar os restos orgánicos para poder realizalo.






miércoles, 15 de mayo de 2019

LETRAS GALEGAS

Hoxe, dentro da celebración da semana das letras, @s Piratuch@s contamos a historia das irmás Fandiño, As Marías, unha historia chea de represión e moita dor. 

"Cingidas sempre, orgullosas de si mesmas, desafiantes " ANTÓN FRAGUAS


martes, 7 de mayo de 2019

A CATEDRÁTICA EN MEDICINA ÁFRICA GONZÁLEZ MADRIÑA DA NOSA AULA

 A catedrática en medicina e especialista en Inmunoloxía África González estivo esta mañá no CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián para inaugurar a aula que a partir de agora levará o seu nome. O acto , que se realizou no mesmo aula , foi presentado por unha das alumnas de quinto de primaria xunto a unha representante das familias para dar logo paso a África, quen dedicou unha palabras a todos os presentes , sobre todo aos máis pequenos, insistindo na necesidade do esforzo para poder conseguir obxectivos na vida. A continuación África cortou a cinta que se colocou de forma simbólica quedando así bautizada a aula co novo nome. Os alumnos e alumnas e a nova madriña se intercambiaron algúns agasallos para despois gozar xuntos dunha pequena merenda preparada polas familias. A titora de quinto, Marina Vidal, mostrouse moi emocionada polo feito de que alguén co currículo e a calidade humana de África aceptase ser a madriña da súa aula, unha aula pola que a partir de agora seguirán pasando alumnos e alumnas que terán a oportunidade de coñecer a figura e o traballo de África González no campo da medicina. ( ARTIGO PUBLICADO EN PRENSA)




APRENDEMOS MATEMÁTICAS

Javier Martínez Torres, profesor da Escola Superior de Inxeñiería e Tecnoloxía estivo no noso cole para ensinarnos aos alumnos e alumnas de 5ºe 6º a "outra cara" das matemáticas. Divertímonos moitísimo!!!!