jueves, 27 de septiembre de 2018

BENVIDA UXI !!!

  • @s Piratuch@s andivemos con moito traballo esta semana pero  tivemos tempo para facerlle un agasallo a nosa Piratucha Uxía  que faltou uns días por mor dunha intervención cirúrxica da que se está a recuperar sen problemas. QUERÉMOSTE UXI !!!


viernes, 21 de septiembre de 2018

PRIMEIROS DÍAS

Levamos tan só uns días pero xa  fixemos unha morea de cousas: decoramos as fiestras da clase despois de traballar un fermoso poema, descubrimos algún tesouro sobre a escritura e xa estamos metidos de cheo na lectura do libro " Bruxa e familia" de Paula Carballeira.



A NOSA AULA

A nosa aula xa vai collendo forma, pouco a pouco iremos creando espazos onde investigar e experimentar para poder aprender de verdade, aprender e non esquecer.  

lunes, 17 de septiembre de 2018