jueves, 31 de enero de 2019

VISITA DO IBERCONSA AMFIV

Onte recibimos a visita no cole do Iberconsa Amfiv, o clube de baloncesto en cadeira de rodas. Grazas! Foi unha experiencia fermosa e moi educativa para os nosos alumnos e alumnas na que aprenderon moitas cousas sobre o deporte adaptado.




miércoles, 30 de enero de 2019

AS 1000 GRULLAS DE SADAKO

Estamos felices  por acadar facer no cole as 1000 grullas da PAZ en homenaxe a Sadako Sasaki, a nena xaponesa que morreu de leucemia por mor da chuvia ácida que deixou a bomba de Hiroshima en 1945. Grazas a todos os nenos e nenas ,ás mestras e mestres e ás familias pola vosa implicación neste fermoso proxecto que levamos a cabo para conmemorar no cole o DIA DA PAZ.




VISITA AO SAN XEROME

Fai uns días @s Piratuch@s visitamos o centro San Xerome Emiliani onde a súa Equipa de Accesibilidade  nos deu  unha pequena charla  sobre Accesibilidade Universal.
Ademáis, aproveitamos a nosa visita para coñecer algunhas das actividades que fan no centro  . Foi unha mañá fermosa e moi educativa!!!







martes, 15 de enero de 2019

VISITA DE PAULA CARBALLEIRA

@s nos@s Piratuch@s non podían comezar mellor este novo trimestre que coa visita da escritora e magnífica "contadora de historias" Paula Carballeira Cabana que nos falou do seu libro Bruxa e familia. Grazas Paula por todo o que fixeches disfrutar aos nenos e nenas, e tamén ás profes. Unha vez máis foi un placer poder contar contigo.