martes, 7 de mayo de 2019

A CATEDRÁTICA EN MEDICINA ÁFRICA GONZÁLEZ MADRIÑA DA NOSA AULA

 A catedrática en medicina e especialista en Inmunoloxía África González estivo esta mañá no CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián para inaugurar a aula que a partir de agora levará o seu nome. O acto , que se realizou no mesmo aula , foi presentado por unha das alumnas de quinto de primaria xunto a unha representante das familias para dar logo paso a África, quen dedicou unha palabras a todos os presentes , sobre todo aos máis pequenos, insistindo na necesidade do esforzo para poder conseguir obxectivos na vida. A continuación África cortou a cinta que se colocou de forma simbólica quedando así bautizada a aula co novo nome. Os alumnos e alumnas e a nova madriña se intercambiaron algúns agasallos para despois gozar xuntos dunha pequena merenda preparada polas familias. A titora de quinto, Marina Vidal, mostrouse moi emocionada polo feito de que alguén co currículo e a calidade humana de África aceptase ser a madriña da súa aula, unha aula pola que a partir de agora seguirán pasando alumnos e alumnas que terán a oportunidade de coñecer a figura e o traballo de África González no campo da medicina. ( ARTIGO PUBLICADO EN PRENSA)




3 comentarios:

  1. Foi un gran placer coñecer a África en persoa. Gracias África e gracias Marina. 👏👏👏😘😘😘

    ResponderEliminar
  2. Qué honra que una persona tan preparada, dedicase una mañana a nuestros hijos y a amadrinar su aula. Preciosa iniciativa y un placer haber conocido y charlado con África, queda mucho por hacer, pero gracias a personas como ella, enfermedades como la mía pronto dejarán de ser "raras" y serán más llevaderas.

    ResponderEliminar
  3. Fue muy guay porque podemos conocer a alguien muy importante y que de este año saqqara esa título pues fue alucinante

    ResponderEliminar